Prieto Rodríguez, Laureano, 1907-1977

Imagen del autor  Prieto Rodríguez, Laureano

Laureano Prieto Rodríguez, nado en Carracedo da Serra (A Gudiña) o 9 de setembro de 1907 e finado en Ourense o 23 de xullo de 1977, foi un mestre que se especializou na etnografía galega, particularmente a relacionada coa comarca de Viana (Ourense). Fillo de Manuel Prieto e Adelina Rodríguez, estudou as primeiras letras co párroco de Carracedo para continuar despois os estudos en Viana e Verín e o bacharelato no instituto de Ourense. Emigrou a Cuba, onde xa estaban traballando o seu pai e máis o seu irmán Enrique, aínda que regresou pronto a Galicia para estudar Maxisterio. Alí foi onde coñeceu a Vicente Risco, con quen comezou a interesarse polos costumes e tradicións galegas. Foi mestre en Bembibre (Viana), en Pentes (A Gudiña) e na propia Gudiña. Pasou logo a ser mestre de Oleiros (Silleda) para regresar a Ourense, onde se xubilou. Casou dúas veces, con Elena e con Carmen, e tivo unha filla, María Elena. Á par do seu traballo como mestre dedicouse á investigación etnográfica e recollida de léxico e tradicións propias da Gudiña e Viana, publicando numerosos traballos en distintas revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense ou o Boletín Avriense, tanto galegas como portuguesas. Igualmente colaborou intensamente con Risco, Cuevillas, Taboada Chivite, Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo. Formou parte do grupo Marcelo Macías, creado por Ferro Couselo en 1970. Tamén colaborou con distintas institucións, como por exemplo o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Participou, con Ferro Couselo, nas escavacións do Castro de Santa Ádega (en Vilamarín, Ourense), en 1963. Galipedia

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artículos