Prada, Xaime, 1891-1966

Imagen del autor  Prada, Xaime

Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego.
De familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natal. Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista "Vida Gallega" entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en "La Esfera", "Buen Humor", "Céltiga", "La Zarpa" ou "Nós". En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum "Grabados en linoleum". Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha década e alí colaborou coa revista "Parábola" e publicou o álbum "Cartones de Burgos" en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincial. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.
Galipedia

Grafo social