por Portela Valladares, Manuel
Ano IV, T. I (1923), n. 17 ; p. 2-6
Manuel Portela Valladares, nado en Pontevedra o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Bandol (Francia) o 29 de abril de 1952, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, en 1898,conseguiu praza como rexistrador da propiedade en Madrid. Instalado en Madrid, entrou no mundo da política da man de Montero Ríos sendo elixido deputado a Cortes polo distrito de Fonsagrada nas eleccións de 1905. En 1909 foi fundador, xunto con outros intelectuais e políticos, da Liga Agraria de Acción Gallega que liderou Basilio Álvarez, con quen o uniu unha grande amizade. En 1910 foi nomeado Gobernador Civil de Barcelona e dous anos máis tarde fiscal do Tribunal Supremo. A comezos da década de 1920 volveu impulsar a súa carreira política, paralelamente comezou o seu achegamento ás posicións do galeguismo,exerceu como ministro de Fomento do último gabinete liberal de García Prieto anterior á ditadura de Primo de Rivera. Doutra banda, en 1924 fundou en Vigo El Pueblo Gallego, periódico democrático que abriu as portas a intelectuais republicanos e galeguistas e fixo campaña a prol dunha rexeneración da vida política española.
por Portela Valladares, Manuel
Ano IV, T. I (1923), n. 17 ; p. 2-6
por Portela Valladares, Manuel
Ano VI, T. I (1925), n. 20 ; p. 3-6
por Portela Valladares, Manuel
Ano VIII, T. II (1926), n. 32 ; p. 2