Pimentel, Luis, 1895-1958

Imagen del autor  Pimentel, Luis

Foi un médico e destacado poeta galego de vangarda.
A Real Academia Galega designouno como figura a ser homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 1990.
Foi fillo do matrimonio formado por Luís Vázquez Barreiro (1846-1908) e Consuelo Fernández-Pimentel (nada en Mondoñedo). O pai morreu tendo o pequeno Luís trece anos. A nai volveu casar aos dous anos de enviuvar, co médico Xermán Alonso Hortas.
Seguindo o exemplo do padrasto, Luís e os seus irmáns Carlos e Xosé, estudaron Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Os catro acabarían traballando xuntos no sanatorio Alonso-Pimentel da luguesa rúa Bispo Aguirre.
Luís licenciouse en 1922. Antes de dedicarse á poesía, fixo incursións na pintura e na música. Posteriormente realizou o doutoramento en Madrid, aloxándose na Residencia de Estudiantes, nunha época na que nesa cidade existía un grande ambiente cultural.
No 1924 publicou os seus primeiros poemas na revista Ronsel. Colaborou tamén no xornal vigués El Pueblo Gallego, na revista Nós, na madrileña La Gaceta Literaria, na lisboeta Descobrimento, nas luguesas Yunque e Vanguardia Gallega, na santiaguesa Resol, na viguesa Alba.
As súas devocións líricas eran Teixeira de Pascoaes, Rainer Maria Rilke, Francis Jammes, Antonio Machado, Miguel de Unamuno, Rosalía de Castro e Jorge Guillén e sentía admiración polo estilo de Valle-Inclán e Joan Miró. Apaixonábao a música de Claude Debussy.
Galipedia

Grafo social

Artículos