Pericot, Luis, 1899-1978

Imagen del autor  Pericot, Luis

Luis Pericot García (Xirona, 2 de setembro de 1899-Barcelona, 12 de outubro de 1978) foi un historiador e arqueólogo español, especialista en prehistoria.

Formado na Universidade de Barcelona, tivo por mentor a Pedro Bosch Gimpera.

En 1918-1919 trasladouse a Madrid, para realizar os cursos de doutoramento na Universidade Central; entrou en contacto con Manuel Gómez-Moreno e o grupo de historiadores e arqueólogos do Centro de Estudos Históricos.

Un dos primeiros traballos de envergadura de Luís Pericot foi un estudo sobre os dolmens/dólmenes e o megalitismo publicado en 1925 co título "La civilización megalítica catalana y la cultura pirenaica", publicación mediante a que accedeu á cátedra de Historia Antiga e Media da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta época colaborou con Florentino López Cuevillas, o máis destacado prehistoriador de Galicia, escavando a citania de Troña, en Ponteareas, provincia de Pontevedra.

En 1927, ao terminar a súa etapa en Galicia, pasou a ocupar a cátedra de Historia Moderna e Contemporánea de España na Universidade de Valencia, aínda que seguiu coas súas investigacións no campo da Prehistoria.

En 1933, trasládase a Barcelona, onde ata a data de xubilación desempeñaría catro cátedras con nomenclatura distinta (Etnoloxía en 1933, Historia Moderna e Contemporánea de España en 1934, Historia Antiga e Media en 1943 e Prehistoria en 1954).

Wikipedia

Grafo social