Pena Pena, Xosé

Xosé Pena Pena foi un profesor e escritor galego.

Mestre nacional e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador e numerario do Seminario de Estudos Galegos, realizou o seu ingreso o 9 de febreiro de 1924 co traballo "A ponte de Vidán", que foi publicado ao ano seguinte na revista "Nós". Foi elixido secretario do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Ciencias e Letras do Distrito Universitario de Santiago de Compostela, en xaneiro de 1927. Foi profesor axudante da Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Instituto de Ribadeo e catedrático de Xeografía e Historia do Instituto de Elxe. Coa derrota da República foi depurado, sendo suspendido de emprego e soldo por un ano, con traslado forzoso fora da provincia, prohibición de solicitar cargos vacantes durante cinco anos e inhabilitación para o exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza.

Grupo de actividades:
Ocupación:

Grafo social

Artículos