Otero, Aníbal, 1911-1974

Imagen del autor  Otero, Aníbal

Foi un lingüista e escritor español en lingua galega e castelá.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid. Participou na elaboración do "Atlas Lingüístico de la Península Ibérica" que promovía Ramón Menéndez Pidal e dirixía o fonetista Tomás Navarro Tomás, coa recollida de material en Galicia e o norte de Portugal, onde o sorprendeu a sublevación militar de 1936. Entregado polas autoridades salazaristas aos franquistas o 5 de agosto de 1936, o achado das súas notas con transcricións en alfabeto fonético foi considerado proba de espionaxe a favor da República. A pesar de que intercederon no seu favor personalidades como Ramón Menéndez Pidal, Rafael Lapesa e o cóengo compostelán Jesús Carro, foi condenado á morte. Conmutada a pena, permaneceu en prisión ata 1941.

Autor de "Contribución al léxico gallego y asturiano" (1958) e Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977). En 1994 publicouse póstumamente a súa novela Esmoriz.
Wikipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artículos

Eso

por Otero, Aníbal

Ano XIV, T. V (1932), n.101 ; p. 73