por Mosteiro, Emilio
Ano X, T. III (1928), n. 51 ; p. 41
Foi un diplomático e poeta que Ricardo Carballo Calero encadra no grupo dos Novecentistas.
De ascendencia madrileña que viviu en Santiago de Compostela de 1924 a 1936.
En Ancla (1923-1925) (1926), escrito en castelán, hai un remate a xeito de Gharcha no poema "Morriña", que lembra o vangardismo de Manuel Antonio.
En Poemas sincopados (1926-1929), a sección "Alalás" está en galego. Son trece textos en versos octosílabos, os máis breves de tres unidades, a xeito de cantares de soidade, e os máis longos de sete versos. Todos estes poemas son dun imaxinismo hilozoísta combinando elementos amorosos e paisaxísticos, Estas breves composicións son variantes dun mesmo tema: a amada rodeada do medio galego de mar, rías e choiva. Nelas limítanse a amplifícanse as imaxes vangardistas.
Ademais neste libro válese dunha técnica e temática propias da creación musical e está significativamente dedicado ao musicólogo Xesús Bal y Gay.
Estivo casado con Emilia Gayoso Besteiro, se ben se divorciaron en 1935.
Foi agregado diplomático en Belgrado mentres o exército soviético e os partisanos de Tito entran vitoriosos na capital serbia tras liberala da Wehrmacht nazi.
Volta a España e no ano 1959 morre dun cáncer.
Galipedia
por Mosteiro, Emilio
Ano X, T. III (1928), n. 51 ; p. 41