Losada Martínez, Urbano, 1902-1974

Urbano Losada Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1974, foi un médico galego, pioneiro no uso da lingua galega na ciencia. En 1928 licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en xinecoloxía e exerceu na súa cidade natal, colaborou coa beneficencia municipal e foi tamén inspector de sanidade. Membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia dende 1963 o seu discurso "Divagando en torno a la Medicina: Una lectura" publicouse na revista "Galicia Clínica". Participou nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudios Galegos e colaborou en A Nosa Terra, El Momento e Nós. Leu o seu discurso de ingreso na sección de bioloxía do SEG o 6 de marzo de 1926 co título "Superstición, suxestión e meiciña". Parte do discurso publicouna a revista Nós no número de maio co título "A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo".

Galipedia

Grafo social