Lis Quiben, Víctor, 1893-1963

Imagen del autor  Lis Quiben, Víctor

Foi un médico, etnógrafo e político de extrema dereita español, deputado a Cortes durante a Segunda República.
Chegou a ser detido polas autoridades tras o intento errado de golpe de estado da Sanjurjada de agosto de 1932. Resultou elixido deputado das Cortes republicanas pola circunscrición electoral de Pontevedra nas eleccións de 1933.
Seguidor de José Calvo Sotelo e fundador en xullo de 1934 do comité provincial de Renovación Española, o 22 de xullo de 1935 presidiu a sesión de constitución formal do Bloque Nacional na provincia. Candidato a deputado de novo por Pontevedra ás eleccións de 1936, esta vez na candidatura do Bloque Nacional, resultou elixido. Lis Quibén, líder da Garda Cívica da cidade de Pontevedra tras o golpe de estado de xullo de 1936 tras substituír ao tenente da Garda Civil Patiño, destacouse polo seu papel na represión por parte dos sublevados na provincia, tomando parte en numerosas execucións sumarias ou paseos, calcúlase que asasinou persoalmente a máis de 30 persoas. Tamén sería xefe da Falanxe de Pontevedra.Tras o fin da guerra civil desempeñouse como médico e etnógrafo. Faleceu en Pontevedra en 1963.
Wikipedia

Grafo social

Artículos