Iglesias Vilarelle, Antonio, 1891-1971

Imagen del autor  Iglesias Vilarelle, Antonio

Antón Iglesias Vilarelle, nado en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 1891 e finado en Pontevedra o 11 de maio de 1971, foi un mestre e músico galego. Malia nacer en Compostela xa de rapaz pasou a vivir en Pontevedra. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e retornou a Pontevedra, con praza de funcionario na delegación de facenda, onde quedou. As súas inquedanzas intelectuais abranguían moi diversos eidos: a historia da arte, as fontes e testemuños históricos, a liturxia e a haxiografía, a evolución das técnicas musicais e a renovación pedagóxica. Sendo a máis destacada das súas participacións culturais a súa produción no eido da música. Na súa mocidade compartiu instituto con Francisco Javier Sánchez Cantón, Octavio Pintos e Antonio Blanco Porto e fixo parte dos Ultreias. A través da súa relación con Antón Losada Diéguez axudou a pór os alicerces do Museo Provincial de Pontevedra e tamén do Seminario de Estudos Galegos. Fundou con Antonio Blanco Porto a Sociedad Filharmónica de Pontevedra, da que foi secretario entre 1923 e 1925, e en 1940 converteuse en director da Coral Polifónica de Pontevedra, cargo que ocupou durante vinte e catro anos. Tamén dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico e a canción popular. Creou con Xesús Ferro Couselo a revista Logos, boletín católico mensual do que foi director. Como mestre estivo a cargo da Sección de Pedagoxía e do Laboratorio de Psicotécnica do Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Participou na fundación do Partido Galeguista de Pontevedra en 1931 e integrouse na Dereita Galeguista logo da escisión do Partido Galeguista en maio de 1935. Ingresou na Real Academia Galega o 29 de decembro de 1951. Era irmán da tamén mestra Josefa Iglesias Vilarelle, autora dun Método de lectura en galego, que foi o primeiro do seu xénero, publicado polo Seminario de Estudios Galegos en 1932 e formou parte da xunta directiva da Dereita Galeguista.  

Grafo social

Artículos