González Salgado, Eleuterio, 1899-1977

Imagen del autor  González Salgado, Eleuterio

Eleuterio González Salgado, coñecido como Leuter, nado en Ourense o 18 de abril de 1899 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1977, foi un mestre e destacado político galeguista. Foi alumno destacado de Vicente Risco na Escola Normal e, pronto, o seu amigo e colaborador. Membro da sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos desde 1926, participou na escavación de varios castros. Militou nas Irmandades da Fala e no Partido Nazonalista Republicán de Ourense e estivo na mesa presidencial da asemblea constitutiva do Partido Galeguista como secretario. A súa militancia levouno a ocupar os cargos de concelleiro no concello de Ourense (1931) e deputado provincial, onde formou parte da Comisión Xestora desta institución. Como deputado provincial foi membro activo do Comité proferrocarril Zamora-A Coruña, cofundador da Caixa de Aforros de Ourense (1933) e presidente da Cruz Vermella (1935-36). Foi membro da redacción da revista Nós, e colaborador en A Nosa Terra, La Zarpa e Heraldo de Galicia, entre outras publicacións, así coma na emisión galega na BBC. Foi mestre nos colexios de Quereño (Rubiá) León XIII e Concepción Arenal (estes dous na capital ourensá) entre outros. Polo seu labor educativo e divulgador do idioma e cultura de Francia, o ministerio de educación nacional dese país concedeulle o 14 de xullo de 1936 o Diploma de Oficial da Academia de Francia e a correspondente condecoración. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 viuse obrigado a abandonar a política. En 1938 foi obrigado a marchar a Vilamarín, onde impartiu clases até 1945, cunha breve paréntese en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar). Nese ano abandonou o ensino para traballar na empresa de transportes por ferrocarril TRANSFESA. Tempo despois reincorporouse ao ensino, e xubilouse a mediados da década de 1960. Participou na creación da Editorial Galaxia e na fundación do Partido Socialista Galego (PSG), mais morreu a véspera da legalización deste partido. Galipedia

Grafo social

Artículos