Ferro, Serafín, 1912-1957

Imagen del autor  Ferro, Serafín

Serafín Fernández Ferro, coñecido como Serafín Ferro, nado no barrio de Monelos da Coruña probablemente en 1912 e morto en México en 1957, foi un actor galego. Pouco se sabe da súa vida, agás por citas indirectas en obras e estudos sobre a Xeración de 1927 da literatura española. Chegou a Madrid a comezos dos anos 1930, onde coñeceu a Federico García Lorca e despois a Luis Cernuda, co que mantivo unha relación amorosa ao longo de 1931 e ata a primavera de 1932[1]. Desta época, e dos seus vencellos co grupo da Residencia de Estudiantes, quedarán testemuños gráficos como retratos e debuxos de Moreno Villa ou Ramón Gaya. A relación con Cernuda e a separación posterior inspirará, segundo Vicente Aleixandre, o libro de poemas Donde habite el olvido, publicado en 1934. En Madrid traballou nunha imprenta e contactou co mundo teatral, ata o punto de volver á Coruña e dirixir o grupo Keltya para representar obras de Yeats e Álvaro de las Casas. Naquel tempo tamén coñeceu a Eduardo Blanco Amor. En 1936 alistouse na Lexión Española cos nacionais, e logo desertou para unirse aos republicanos. A guerra lévao a Barcelona co grao de tenente, onde escribiu artigos en Nova Galiza, a revista dos escritores galegos do bando republicano, e en Hora de España. Despois da guerra, o seu nome aparece por erro nunha listaxe de asasinados. En 1939 o escritor comunista francés André Malraux seleccionouno para o elenco de L'espoir, un filme político de preguerra baseado no conflito civil español. Ferro exiliouse a México, onde morreu esquecido polo mundo e na indixencia.

Galipedia

Grupo de actividades:

Grafo social

Artículos

por Ferro, Serafín

Ano XVII, T. VI (1935), n. 139-144 ; p. 114