por Fernández Mazas, Cándido
Ano III, T. I (1922), n. 14 ; p. -
Foi un pintor, escritor e ilustrador español, encadrado dentro do colectivo artístico «Os Novos».
Foi incluído pola crítica no grupo «Os Novos» (con Maruja Mallo, Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro Guimarás, Manuel Torres Martínez, entre outros), con persoais influencias do fauvismo, o Art Decó e en especial do pintor Amedeo Modigliani. Fixo a súa primeira viaxe a París en 1925.
Como voluntario das Misiones Pedagógicas, colaborou en 1933 nas campañas por Galicia e Asturias e en 1934 nas localidades segovianas de Turégano e Cantalejo, deixando o documento gráfico do cartel do "Retablo de fantoches" ou "Teatro de guiñol" das Misiones. Neses anos expón no Lyceum Club un conxunto de pequenos cadros definidos polo crítico Arbós como «pintura intimista de evidente raíz poética».
Na súa faceta de escritor e ilustrador agrúpanse as súas colaboracións en diversos periódicos galegos e madrileños «con viñetas de contenido político comprometido con la izquierda más radical, idealista y heterodoxa», que continuarán durante a guerra civil española nas súas colaboracións en revistas do P.O.U.M., como "El Combatiente Rojo", ou de ideoloxía anarquista como a revista "Umbral". Finalizada a guerra, foi encarcelado en Valencia e sometido a proceso; non obstante sería liberado cinco meses máis tarde grazas á mediación dos xuíces militares Sebastián Martínez-Risco e Díez Faes e ao esforzo económico da súa familia. Agravada a súa delicada saúde mental, recluíuse en Pedrouzos, Casas do Penedo, a súa aldea natal en Castro Caldelas, onde morreu aos carenta anos de idade. En 2002, o Círculo de Bellas Artes montou unha antolóxica documentando «la vanguardia del artista».
Wikipedia
por Fernández Mazas, Cándido
Ano III, T. I (1922), n. 14 ; p. -
por Fernández Mazas, Cándido
Ano VIII, T. II (1926), n. 31 ; p. 30
por Fernández Mazas, Cándido
Ano XII, T. IV (1930), n. 79 ; p. 127