Díaz de Herrera, Gabino, 1906-1983

Imagen del autor  Díaz de Herrera, Gabino

Foi un escritor galego.
Fillo de Antonio Díaz de Herrera, capitán de Infantería, e Brenda Lucrecia Iglesias, dunha rica familia de viñateiros. Estudou o bacharelato na Coruña. Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e frecuentou os parladoiros do Café Español. Marchou a Madrid en 1925, onde rematou a carreira. Publicou poemas en Galicia Gráfica, Vida Gallega, Almanaque Gallego e Cristal. En 1927 publicou o poemario Abril e ao ano seguinte apareceu a súa tradución ao castelán de El Teniente azul de Colette-Willy. En 1933 obtivo o premio de poesía no concurso da Asociación da Prensa de León e o premio do certame de poesía do Concello de Lugo. Despois da guerra civil publicou poemas en Cartel. Desde os anos corenta traballou como arquiveiro na Biblioteca Nacional de Madrid. Ao morrer a súa muller trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia da Coruña.
Galipedia

Grafo social

Artículos

por Díaz de Herrera, Gabino

Ano VIII, T. II (1926), n. 31 ; p. 11