Cotarelo Valledor, Armando, 1879-1950

Imagen del autor  Cotarelo Valledor, Armando

Armando Cotarelo Valledor nace en Vegadeo no ano 1880 e morre en Madrid no ano 1950. Foi catedrático de literatura galaicoportuguesa na Universidade de Madrid e membro das Reales Academias Española y de la Historia. Aínda que asturiano de nacemento, lingüística e culturalmente sempre se considerou galego. No ano 1929 foi elixido membro da Real Academia Galega xunto con Ramón Cabanillas. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1984. No ano 1926 entra no eido audiovisual ó dirixir o documental "Compostela", producido polo Concello de Santiago e no ano 1948 intervén na adaptación do "Quijote", película dirixida por Rafael Gil. Da súa obra cabe destacar "Argonautas gallegos (1519-1522)" (Santiago, 1920), "Trebón" (1922), "Sinxebra" (1923), "Lubicán" (1924), "Hostia" (1926), "Contos de Nadal, colleitos do pobo" (A Coruña, 1927), "El castellano en Galicia" (Madrid, 1927), "La heráldica: Blasón galaico. Contribución al estudio de la heráldica gallega" (A Coruña, 1928), "Beiramar" (1931), "Mourenza "(1931), "Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo" (A Coruña, 1931), "Los hermanos Eans Mariño, poetas gallegos del siglo XIII" (Madrid, 1933), "Encol do nome de Martín Códax" (Santiago, 1933)...

Grafo social

Artículos

Ver más