Castaño Priegue, Xosé María, 1912-?

Mestre, recalará en Vilagarcía (Pontevedra) en 1933, pero non será ata 1934 cando o seu destino sexa definitivo, sendo titular da escola nº2 de Vilagarcía. Militante socialista, participa en reunións da Federación Provincial representando á agrupación de Vilagarcía. Pola súa defensa do réxime constitucional republicano será depurado. Anos máis tarde terá ocasión de retornar ao ensino na escola privada de referencia da vila, o Colexio León XIII, aínda que finalmente acabou sendo xuíz no xulgado do distrito de Betanzos (A Coruña). Poeta cuxa obra está inédita, en 1958 recibe o premio Rosalía de Castro á mellor poesía en galego convocado pola Comisión das Festas da Pascua.

Grafo social

Artículos

por Castaño Priegue, Xosé María

Ano XVII, T. VI (1935), n. 136 ; p. 69