Carré Alvarellos, Leandro, 1888-1976

Imagen del autor  Carré Alvarellos, Leandro

Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e en Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director durante a ditadura de Primo de Rivera.
No campo teatral dirixiu os grupos de teatro dos coros Cantigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega, herdeira do Conservatorio Nazonal da Arte Galega e fundou a Editorial Lar en 1924. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos.
Cando morreu o seu fillo Leandro Carré Brandariz (1913-1937) en estrañas circunstancias en Asturias, foi buscalo con resultados infrutuosos, detivérono ao volver á Coruña e pasou cinco meses no cárcere. Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. En 1945 ingresou na Real Academia Galega. Wikipedia

Grafo social

Artículos