Canedo, J., 1902-1945

Imagen del autor  Canedo, J.

Foi un lingüista e orientalista galego.
De familia labrega, marchou a estudar no seminario de Santiago de Compostela. Licenciouse na Universidade de Granada, e foi bolseiro durante sete anos no Indogermanisches Seminar da Universidade de Berlín, onde se especializou en lingüística indoeuropea. Na cidade alemá coincidiu con Lois Tobío Fernández, Felipe Fernández Armesto ou Vicente Risco.
No ano 1930 publicou dous artigos na revista Nós. En 1934 pasou a dar clase de Filoloxía Clásica na Universidade de Barcelona, onde o sorprendeu a guerra civil española. En xullo de 1938 asistiu ao Congreso Internacional de Lingüística en Gante (Bélxica), mais non se reincorporou ao seu posto de traballo. Fuxiu do territorio republicano e entregou uns planos ao goberno nacional de Burgos. A pesar desta e doutras colaboracións co franquismo ao remate da guerra, o 6 de agosto de 1941 foi expedientado por insubordinación e apartado do seu posto como docente no Instituto Ausias March.
En 1942 publicou a súa obra máis importante, "Resumen de literatura sánscrita". Tamén publicou nese tempo diversos artigos sobre o sánscrito e a súa literatura en revistas filolóxicas. En 1943 pasou a ser lector de castelán na Universidade de Heidelberg. Faleceu mentres se hospedaba no pazo de Lens, e foi soterrado no cemiterio parroquial.
Galipedia

Grafo social

Artículos