Cabanillas, Ramón, 1876-1959

Imagen del autor  Cabanillas, Ramón

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do concello. En Cambados dirixiu o periódico El Umia (1907) e despois El Cometa (1910). Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento, malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba -posiblemente por mor de enfrontamentos de índole política-, onde residiu entre 1910 e 1915. Alí entrou en contacto cos núcleos galeguistas que apoiaban o agrarismo galego e foi un dos fundadores da delegación na Habana de Acción Gallega[2] e alí coñeceu a Basilio Álvarez durante unha xira pola illa, e a Xosé Fontenla Leal, que foi clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta a Galiza, traballou como secretario nos concellos de Mos (1916-1921), Moaña, Cuntis e Redondela. Coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña compartiu as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1917). Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Villar Ponte, a peza dramática A man de Santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal.Tamén en 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Lonxe de constituír un mero exercicio arqueolóxico, trátase, entón, dun texto no que un coidadísimo formalismo está ao servizo dun proceso de exaltación mítico-patriótica: os cabaleiros da Mesa Redonda veñen ser, deste xeito, os precedentes directos dos novos cabaleiros das Irmandades da Fala a procuraren o Santo Graal que é a redención de Galicia. Segundo o propio Cabanillas, trátase da máis lograda das súas obras, opinión que é compartida por unha parte importante da crítica actual. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, en substitución de José Salgado Rodríguez, sendo admitido co discurso A saudade nos poetas galegos, discurso que foi respondido por Eladio Rodríguez. En 1929 fixo o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Na década de 1930, instalado en Madrid, Cabanillas -en liña co seu admirado Basilio Álvarez- achegouse aos gobernos presididos por Alejandro Lerroux, o que lle custou o desapego e mais as críticas de certos sectores do galeguismo. En 1936 permanecía na capital española cando estalou a guerra civil española. Trasladado a Valencia, Cabanillas -logo dun azaroso episodio- trasladouse á zona sublevada, intentando recupera a vida burocrática como secretario de diversos concellos (Meis, Silleda e Dozón). A súa obra atravesou un período de silencio, roto a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas, organizando en colaboración co concello de Cambados unha serie de actos dentro do Ano Cabanillas para conmemorar o 50º cabodano da súa morte. Galipedia

Grafo social

Artículos