Bouza-Brey, Fermín, 1901-1973

Imagen del autor  Bouza-Brey, Fermín

Foi un xurista e escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Coa súa obra Nao senlleira iniciou a corrente neotrobadorista da literatura galega. Realizou abondosos estudos, especialmente sobre arqueoloxía e etnografía.
Estudou as carreiras de Filosofía e Letras e mais Dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. Na cidade galega comezou a súa implicación nos movementos culturais e artísticos da época, colaborando na revista Ultreya e publicando o seu primeiro artigo, "Teatro de antaño en Santiago" (1919). O seu primeiro poema asinouno en 1921, "Romance dos vinte anos" e, xa en 1923, participou da fundación do Seminario de Estudios Galegos.
Xa licenciado en Dereito, preparou o ingreso na carreira xudicial en Madrid.
Os inicios da súa carreira xudicial levaríano en 1929 a Lleida. Con todo, axiña regresou a Galicia para exercer como xuíz na Estrada, proseguindo co seu traballo no Seminario e na revista Nós.
En 1933 publicou "Nao senlleira", un poemario iniciador da corrente neotrobadorista que marcaría unha das liñas poéticas máis importantes das nosas letras. Co estoupido da Guerra Civil foi afastado do seu posto ao ser acusado de masón, galeguista e desafecto ao réxime. No ano 1939 foi rehabilitado como xuíz e, sen perder os seus principios, chegou a ser maxistrado en 1949. Porén, a persecución sobre el continuou e tres anos despois foi expulsado da maxistratura.
O 27 de xullo de 1941 ingresou na Real Academia Galega.
Nos primeiros anos desta década, compaxinou o seu traballo de investigador e docente na facultade compostelá de Dereito co cultivo da poesía e, asemade, a súa figura era xa a dun intelectual de prestixio recoñecido. Así, no ano 1948 recibiu a condecoración da Gran Cruz de San Raimundo Peñafort polo seu éxito profesional e, en 1955, publicou en Portugal o poemario "Seitura", que supuxo o abandono radical do neotrobadorismo.
Nos seus últimos anos Fermín Bouza Brey dedicouse á investigación literaria, arqueolóxica e etnográfica, sobresaíndo os seus estudos sobre a vida de Rosalía de Castro, do que foi un dos máximos especialistas.
Real Academia Galega

Grafo social

Artículos

Ver más