Bernárdez, Francisco Luis, 1900-1978

Imagen del autor  Bernárdez, Francisco Luis

Foi un poeta e diplomático arxentino. Fillo de emigrantes que procedían do Lago (Maside), sempre se declarou galego. Entre 1922 e 1925 estivo en Galicia, viviu en Vigo, onde traballou como redactor de El Pueblo Gallego e colaborou en La Zarpa, Vida Gallega, Marineda, Alfar e Ronsel. Relacionouse con Ramón María del Valle-Inclán, os irmáns Antonio e Manuel Machado, e Juan Ramón Jiménez. Leu aos poetas modernistas que o influíron nos seus primeiros libros. Tamén viviu por un breve período en Portugal.
En 1925 trabou amizade con Jorge Luis Borges.
En 1937 foi nomeado secretario público da Biblioteca Municipal «Miguel Cané» no barrio de Boedo, e fixo ingresar a Jorge Luis Borges, que traballou como auxiliar catalogador entre 1937 e 1946.
En 1944 foi nomeado director xeral de Cultura Intelectual na Subsecretaría Nacional de Cultura, ao tempo que Leopoldo Marechal era designado director xeral de Cultura Estética. Entre 1944 e 1950 foi director xeral de Bibliotecas Públicas Municipales.
Foi ministro de Procedimientos Públicos. Catro anos despois ingresou na Academia Argentina de Letras. Despois do golpe de Estado de 1955, foi incorporado ao servizo estranxeiro da Arxentina, como embaixador en Madrid até 1960. Volveu contactar cos membros da Editorial Galaxia. Xubilouse como ministro plenipotenciario. Nos seus últimos anos quedou cego.
Colaborou en galego na revista Nós. Foi un defensor apaixonado da lingua galega.
O seu Discurso encol do idioma galego foi publicado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires. En galego escribiu tamén Lembranzas de Castelao, Pimentel, Cabanillas.
Galipedia

Grafo social

Artículos