Castro, Bernardo, 1898-1960

Imagen del autor  Castro, Bernardo

Bernardo Castro Fernández foi un avogado do Carballiño. En 1926 asume a presidencia da sociedade "Cultural Deportiva" desta vila. En 1932 casa en Pontevedra con Encarna Corbal Corbal. En 1931 é nomeado delegado en Galicia da "Unión Nacional de Abogados" de Madrid, organización que reinvindicaba a dignificación da profesión. En 1934 obstenta o cargo de Delegado do Goberno na Hidrolóxica do Miño. No ano 1936 preséntase como candidato de Centro Republicano pola circunscrición de Ourense. En 1938 solicita autorización xunto con Manuel Corbal Hernández á Delegación de Industria para instalar en Pontevedra unha fábrica de obtención de productos de limpeza de metais, baldosas, bañeiras, etc. No ano 1956 é elexido diputado segundo do Colegio de Abogados de Pontevedra. Morre nesta cidade no ano 1960 aos 62 anos.

Grafo social

Artículos