Correa Calderón, E., 1899-1986

Imaxe do autor Correa Calderón, E.

Evaristo Correa Calderón foi un escritor e xornalista galego. Fundou en Baralla o semanario El Eco e dirixiu en Lugo El Chiste Semanal e De Todo un Poco, no que publicou os seus primeiros versos. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en La Idea Moderna, o xornal máis prestixioso de Lugo, cando só contaba con 16 anos. En 1917 trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras na Universidade Central e somérxese nos ambientes vangardistas do momento. En 1923, regresou a Lugo e converteuso en redactor-xefe de El Pueblo gallego. Dirixiu Ronsel e integrouse no Seminario de Estudos Galego. Dende 1931 foi profesor de Lingua e Literatura españolas en diversos institutos de España. A partir da Guerra Civil española, xa en Galicia colaborou cos sublevados e, influído polos seus amigos Euxenio Montes e Filgueira Valverde, desde o primeiro día ingresou na Falange Española, e foi xefe local de Prensa e Propaganda de Lugo e redactor-xefe de Escuela Azul. De seguido, a través de Giménez Caballero integrouse na intelectualidade do réxime franquista. Dende ese momento adicouse á crítica literaria de autores clásicos españois e non volveu escribir en galego. Galipedia

Grafo social

Artigos