Álvarez Limeses, Gerardo, 1871-1940

Imaxe do autor Álvarez Limeses, Gerardo

Foi un mestre e escritor galego.
Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, fixo o Bacharelato en Pontevedra. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeiro Ensino de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.
Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o pai Sarmiento) e foi cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Tamén foi redactor das revistas "El Iris Literario" e "Extracto de Literatura", e despois fundou "Galicia Moderna". Dirixiu "El Perdigón" en Palencia e "El maestro gallego", "Galicia Ilustrada" (da que só apareceu o número 0) e "Mi Tierra" en Ourense. Colaborou co Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e "La Correspondencia Gallega".
Wikipedia

casou con Dores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda. Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.3?

Grafo social

Artigos