facetas

27 resultados

Bouza-Brey, Fermín, 1901-1973

(Ponteareas, Pontevedra, Galicia, España, 1901 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1973)

Foi un xurista e escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Coa súa obra Nao senlleira iniciou a corrente neotrobadorista da literatura galega. Realizou abondosos estudos, especialmente sobre arqueoloxía e etnograf...

Artigos da revista nos que participa 67 [Ver]

Carro García, Jesús, 1884-1973

(Santiago de Compostea, Galicia, España, 1884 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1973)

Foi un sacerdote, arqueólogo e escritor galego.
Fillo do almacenista compostelán Tomás Carro Carro. Só exerceu como eclesiástico nalgunhas parroquias santiaguesas, interesándose dende moi novo pola arqueoloxía. Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto de Estudos Galegos Pad...

Artigos da revista nos que participa 6 [Ver]

Carré Alvarellos, Leandro, 1888-1976

(A Coruña, Galicia, España, 1888 - A Coruña, Galicia, España, 1976)

Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e en Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director duran...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Carvalho Calero, Ricardo, 1910-1990

(Ferrol, Galicia, España, 1910 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1990)

Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático unive...

Artigos da revista nos que participa 25 [Ver]

Correa Calderón, E., 1899-1986

(Baralla, Lugo, Galicia, España, 1899 - Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1986)

Evaristo Correa Calderón foi un escritor e xornalista galego. Fundou en Baralla o semanario El Eco e dirixiu en Lugo El Chiste Semanal e De Todo un Poco, no que publicou os seus primeiros versos. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en La Idea Moderna, o xornal máis prestixioso de Lugo, cando só...

Artigos da revista nos que participa 3 [Ver]

Couceiro Freijomil, Antonio, 1888-1955

(Pontedeume, A Coruña, Galicia, España, 1888 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1955)

Foi un escritor galego, coñecido polo seu "Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores".
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Ro...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Fernández del Riego, Francisco, 1913-2010

(Vilanova de Lourenzá, Lugo, Galicia, España, 1913 - Vigo, Galicia, España, 2010)

Continuador do ideario do Grupo Nós, foi un dos fundadores do galeguismo progresista do século XX cuxas funcións sobordaron as de político, escritor, editor ou tamén crítico da literatura. Foi membro da Real Academia Galega e o seu presidente.
comezou a estudar Dereito na Universidade de Madrid...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Filgueira Valverde, Xosé, 1906-1996

(Pontevedra, Galicia, España, 1906 - Pontevedra, Galicia, España, 1996)

Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra 1906-1996)

Sendo estudante en Pontevedra, desde os 13 anos, asiste ás xuntanzas de Losada Diéguez, Castelao e Casto Sampedro e ás de Pérez Costanti e Cotarelo, en Compostela, apaixonándose polo traba...

Artigos da revista nos que participa 19 [Ver]

Fraguas Fraguas, Antonio, 1905-1999

(Loureiro, Cotobade, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1999)

Destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e ...

Artigos da revista nos que participa 5 [Ver]

Lorenzo, Xurxo, 1910-1934

(Ourense, Galicia, España, 1910 - Zaragoza, Aragón, España, 1934)

Foi un investigador e debuxante, irmán do coñecido etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas.
A causa da morte do pai, o escritor e caricaturista José Laurentino Lorenzo Álvarez (Tabarra), a finais de 1923, a nai, Joaquina Fernández Barcia, ten que marchar a Arxentina e os irmáns sepáranse para ir vivir ...

Artigos da revista nos que participa 7 [Ver]