facetas

41 resultados

Acuña, Manuel Luís, 1899-1975

(A Pobra de Trives, Ourense, Galicia, España, 1899 - Ourense, Galicia, España, 1975)

Foi un xornalista e poeta galego.
Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa súa familia. Tras facer maxisterio por libre ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, exercendo en Ourense, A Coruña e Madrid. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Bello Piñeiro, Felipe, 1866-1953

(Mugardos, A Coruña, Galicia, España, 1866 - Mugardos, A Coruña, Galicia, España, 1953)

Foi un pintor galego.
Personalidade de enorme interese plástico e intelectual, posto que nada relacionado coa cultura lle foi alleo, e en moitos aspectos influíu decisivamente, como, por exemplo, na divulgación da louza de Sargadelos.
Fórmase plasticamente na Escola de Artes e Oficios da c...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Bouza Brey, Luís, 1905-1980

(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1905 - Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Galicia, España, 1980)

Foi un avogado, escritor e político galego.
Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integróuse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía. Co...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carballeira, Johan, 1902-1937

(Vigo, Galicia, España, 1902 - Poio, Pontevedra, Galicia, España, 1937)

Foi un xornalista e político español de tendencia galeguista durante a Segunda República. Foi detido e asasinado polos franquistas durante a Guerra Civil.
A transcendencia pública de José Gómez da Cova iniciouse en 1923, a través das páxinas literarias de Faro de Vigo, onde apareceron os seus ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Carvalho Calero, Ricardo, 1910-1990

(Ferrol, Galicia, España, 1910 - Santiago de Compostela, Galicia, España, 1990)

Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático unive...

Artigos da revista nos que participa 25 [Ver]

Casal, Ánxel, 1895-1936

(A Coruña, Galicia, España, 1895 - Teo, A Coruña, Galicia, España, 1936)

Foi un editor e político galego.
En 1909 emigrou a Bos Aires; alí estivo empregado en diversos oficios dous anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no consulado de Francia. Debido á precariedade económica emigrou outra volta, desta vez a Bordeos, per...

Artigos da revista nos que participa 0 [Ver]

Casas, Víctor, 1900-1936

(A Coruña, Galicia, España, 1900 - Poio, Pontevedra, Galicia, España, 1936)

O 31 de xullo de 1900 nace na Coruña o xornalista e político Víctor Casas. Foi membro das Irmandade da Fala, participa I Asemblea Nazonalista de Lugo, asemblea da que sairía o Manifiesto Nazonalista, que constituiu a base común de todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Sería ...

Artigos da revista nos que participa 1 [Ver]

Casas, Álvaro de las, 1901-1950

(Ourense, Galicia, España, 1901 - Barcelona, Cataluña, España, 1950)

Foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas...

Artigos da revista nos que participa 23 [Ver]

Castelao, 1886-1950

(Rianxo, A Coruña, Galicia, España, 1886 - Bos Aires, Arxentina, 1950)

Castelao foi a figura máis importante da cultura galega do século XX. Escritor, debuxante e político, está considerado o pai do nacionalismo galego. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a...

Artigos da revista nos que participa 20 [Ver]

Castro Dono, Alfonso, 1912-1969

(Guimarei, España, 1912 - A Estrada, España, 1969)

Ramiro Alfonso Castro Dono, nado en Guimarei (A Estrada) o 17 de novembro de 1912 e finado na Estrada o 10 de outubro de 1969, foi un mestre, escritor e político galego.

Fixo o bacharelato en Pontevedra e estudou maxisterio na Esc...

Artigos da revista nos que participa 3 [Ver]